O torneo Jealsa – Concello de Boiro recada máis de 10 mil euros para a Fundación Aladina

BOIRO> O torneo solidario de fútbol Jealsa celebrado en Boiro a finais de maio conseguiu recadar máis de dez mil euros. Os fondos serán destinados á Fundación Aladina en apoio ós nenos con cancro.

Satisfacción en Boiro ante o grande éxito acadado polo torneo internacional Jealsa-concello de de Boiro que se celebraba en varias instalacións deportivas do municipio a finais do pasado mes de maio. En total, a organización conseguiu recadar 10.105 euros, destinados integramente á fundación Aladina.

Dende o concello quixeron agradecer o labor desinteresado de Julio Mariño como organizador deste torneo que, ademais do seu carácter benéfico, supón un importante factor de atracción de visitantes non só ó concello senón a toda a comarca.

O alcalde recolleu a solicitude de Mariño de seguir a colaborar en vindeiras edicións coa organización do torneo para consolidalo como un evento fixo no calendario deportivo do concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí