Un menor rompe dun cabezazo a porta do PAC do centro de saúde

    porta copia100.jpgCAMBADOS> O mozo, supostamente baixo o efecto das drogas, reaccionou con violencia ó intentar evitar que avisaran os seus pais.

    {flowplayer}images/salnes/MOZO_CAMBADOS_CENTRO_SAUDE.flv{/flowplayer}

    O suceso produciuse ó redor das 12 e 25 da noite do domingo no servizo de urxencias do centro de saúde de Cambados. Foi entón cando un mozo de 16 anos, supostamente baixo efecto das drogas que estaba sendo atendido polo persoal médico, reaccionou de xeito violento ó negarse a que o persoal informase ós seus pais do seu estado.

    Despois do suceso, a Policía Local deu parte ós titores do rapaz que foi trasladado ó Hospital do Salnés, a pesares de que as súas feridas foron superficiais.

    Para a Policía Local este foi un episodio puntual no que o menor non tivo a intención de causar os desperfectos. Sen embargo, non é a primeira vez que se producen incidentes deste tipo ou pelexas na noite cambadesa. Un tema sobre o que hai diferentes opinións a pé de rúa.

    Esta mañá a porta do Punto de Atención Continuada cambadés aínda non fora substituída, uns custos que o xulgado, ó que xa se deu parte, reclamará ós pais do menor.

    Redacción Salnés