Durán adianta que a penas retocará o organigrama do novo goberno

    gonzaloduran100_300507.jpgVILANOVA > O alcalde en funcións, Gonzalo Durán, aínda non ten decidido o reparto de cargos no novo goberno municipal …

    … pero afirma que non haberá grandes cambios.

    O que si ten claro é a labor dos edís Benito Portas e Juan José Hermida, a pesar de que non forman parte da nova corporación. O primeiro queda no gabinete da alcaldía como coordinador da área económica e o segundo seguirá coordinando os grupos das parroquias no Partido Popular.

    Gonzalo Durán recoñeceu que na noite electoral levaron un pequeno susto coa Deputación de Pontevedra, pero agora que está asegurada para o PP espera que o seu irmá José Juan manteña o seu posto no organismo provincial.

    Durán felicitou ós gañadores nestas eleccións, sobre todo ós do seu partido, pero tamén ós socialistas Enrique León e Manuel Vázquez, e desexou que o popular Miguel Ángel Pérez siga gobernando O Grove.

    Redacción Salnés