![]()
VILAGARCÍA> O portavoz de IVIL, José Luís Rivera Mallo, pídelle ó goberno municipal que ‘en vez de perder o tempo en réplicas pobres, …
… sen argumentos e carentes de contido’, o empreguen en contestar ós escritos e propostas que leva presentado desde o inicio da lexislatura.
Rivera Mallo responde así ás críticas feitas polo bipartito á comparecencia conxunta de IVIL e PP. IVIL lembra que leva presentado máis dun cento de escritos, e que a gran maioría inda non tiveron resposta nin solución por parte do goberno local.
Rivera Mallo pídelles que empreguen o tempo que lle pagan os vilagarciáns en presentar a Liquidación do Presuposto de 2008, as contas xerais de 2007 e 2008, amais do orzamento deste ano. Reclámalles tamén que cumpran os compromisos adquiridos con IVIL e que deixen de incumprir o regulamento das entidades locais. Por último, aconséllalle ó bipartito que antes doutras valoracións ‘empecen por arranxar a súa propia casa’.
Tamén respondeu hoxe o PP. Tomás Fole considera que ‘foi unha patética a demostración de nerviosismo e medo do bipartito ó comprobar que o centro-dereita de Vilagarcía acerca posturas en torno a unha alternativa real de goberno’.
Redacción Salnés









