Inauguración do VIII Congreso galego de Medio Ambiente, Saúde e Turismo sostenible no Salnés

CAMBADOS> Inaugúrase en Cambados o VIII Congreso galego de Medio Ambiente, saúde e turismo sostible no Salnés. O obxectivo é concienciar as persoas de loitar contra o cambio climático actuando de forma local . Mañá repetirá na vila e o xoves será o peche en Sanxenxo.

“Mobilizar ó mundo  dende Galicia na loita contra o cambio climático e en favor da economía circular”. Este é o obxectivo do VIII Congreso galego de Medio Ambiente, Saúde e Turismo que hoxe se inaugurou en Cambados. O doutor Francisco José Peña fixo fincapé na importancia de loitar contra o cambio climático cunha perspectiva global pero actuando de forma local.

O Doutor Peña puxo como exemplo de cooperación entre administracións con gobernos diferentes, ós Concellos de Cambados e Sanxenxo. O responsable de turismo sanxenxino resaltou a preocupación do goberno local polo Turismo e o Medio Ambiente. Súmanse a este proxecto para seguir aprendendo.

O responsable de turismo da Mancomunidade, Gonzalo Pita, destacou que o Salnés é unha zona turística punteira por varios motivos, un deles é a unión de nove concellos que se promocionan sen mirar os partidos políticos que os gobernan. A pesar dos bos datos aínda hai cuestións que mellorar.

Antes de inaugurar o acto, a alcaldesa de Cambados asegurou que queren ser un actor destacado na loita por un mundo mellor e resaltou o labor do congreso.

Ó Congreso asistirán 40 experto e 130 ambientalistas. Mañá continuará en Cambados e o peche será o xoves en Sanxenxo.

Comments are closed.