O obradoiro de hostalería da Lanzada ofrecerá degustacións de balde á veciñanza do Grove

O GROVE> O obradoiro de hostalería da Lanzada ofrecerá unha degustación gratuíta ao mes para a veciñanza do Grove. A oferta culinaria pode variar dende un menú pechado, a unha tapa ou simplemente un café. O obxectivo é que os alumnos practiquen traballando de cara aos clientes.

O obradoiro de hostalería da Lanzada deu comezo en decembro a unha nova edición dos seus talleres de emprego. O obradoiro organizado polo concello do Grove conta este ano con 20 alumnos divididos nas especialidades de cociña e sala. A novidade desta edición é que o último xoves de cada mes organizarán unha degustación gratuíta para a veciñanza da vila.

O obxectivo é que os alumnos practiquen traballando directamente cos clientes.

Outra das novidades do obradoiro este ano é que a cociña estará aberta ao público.

O obxectivo do concello e da dirección do obradoiro é superar o 90% de inserción laboral. Unha meta difícil que tamén require da implicación do alumnado.

O obradoiro de hostalería da lanzada tamén terá degustación para diferentes colectivos como nenos ou persoas discapacitadas. Unhas catas que nestes casos se complementarán con actividades para que os clientes gocen da comida e aprendan a elaborala.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí