CCOO pide á Xunta que aclare se van a facer un novo ambulatorio

    ccoo_arousacopy.jpgVILAGARCÍA> Desde o sindicato consideran que intención da consellería de sanidade é integrar o centro de saúde no Hospital do Salnés.

    {flowplayer}images/salnes/CCOO_SANIDADE_AROUSA.flv{/flowplayer}

    Esta mañá o sindicato comarcal de Pensionistas e Xubilados de CCOO fixo unha valoración da situación sanitaria no Salnés. O seu voceiro, Manuel Díaz considerou que os servizos que se ofertan no Hospital arousán seguen a ser insuficientes.

    E é que polo momento, din, nada se sabe da ampliación de urxencias, do aumento no número de quirófanos e de persoal sanitario e sobre a necesidade de contar novo cun servizo cardiovascular. Engaden que polo momento non existe a inversión dun millón de euros que anunciaran desde o partido popular.

    A este respecto, desde comisións obreiras reiteraron a necesidade de contar cun novo centro de saúde en Vilagarcía. Critican que desde a consellería de sanidade non avanzan na concreción do proxecto cando os terreos xa existen para comezar a construír como é o da Comandancia ou o da Casa do Mar.

    En conxunto, desde a central sindical non confían en que realmente se vaia facer un novo centro de saúde. Sospeitan que a intención da Xunta é facer do hospital un ambulatorio. Pídenlle claridade.

    Nese caso, consideran que a liña regular de autobuses debería aumentar para dar servizo con maior frecuencia ós veciños da vila.

    Redacción Salnés