BOIRO> Unha nova empresa, con maquinaria máis axeitada, se fará cargo do acondicionamento dos areais máis concorridos.
O concello de Boiro contratará unha nova empresa para realizar o servizo de limpeza nas praias máis concorridas do municipio. O resto das calas, máis pequenas, seguirán a cargo da empresa que viña realizando estas tarefas ata o de agora, e que non dispón da maquinaria axeitada para os areias máis grandes. Deste xeito, contarase cun servizo máis completo e eficaz.
Despois de que varios usuarios dos areais e, algúns grupos da oposición, como o Partido Popular, denunciaran a falta de limpeza nas praias de Boiro, o executivo decidiu reorientar este servizo coa contratación dunha nova empresa. Esta, que xa a prinicipios do verán encargouse da limpeza dalgúns areais, farase cargos das praias máis grandes e visitadas.
Mentres, a empresa que se ocupaba da limpeza ata o de agora limitarase a traballar nas calas pequenas posto que non dispón da maquinaria axeitada para retirar os residuos dos areais maiores.
Aínda que recoñecen que o servizo de limpeza puido fallar en ocasións, dende o executivo aclararon que a situación neste verán foi máis complicada debido á chegada masiva de sargazo.
Ademais insisten en que as subvencións para contratar ós equipos de limpeza confírmanse practicamente en pleno verán, o que dificulta a planificación dos traballos.
Redacción Barbanza