Os vándalos causan novos estragos no CEIP de Aguiño

    estragoscolexioaguno.jpgRIBEIRA> O pavillón deportivo do colexio de Aguiño tivo que permanecer pechado durante dous días a raíz dos estragos ocasionados por uns vándalos.

    {flowplayer}barbanza/estragoscolexioaguino.flv{/flowplayer}

    Cristais rotos, luces fundidas e lixo espallado polo chan. Este foi o panorama que se atoparon os responsables do colexio público de Aguiño o luns pola mañá cando abriron a porta do pavillón. Durante a fin de semana, un grupo de vándalos colouse non seu interior causando danos en todo o que atoparon ó seu paso. 

    Á espera de cuantificar os danos que semellan non ser moi elevados, o maior inconveniente foi que a instalación, non de uso exclusivo do centro senón de toda a parroquia, tivo que permanecer pechada dous días. ´

    Dende a dirección do centro deron parte á policía local e nacional e puxeron os feitos en coñecemento do concello.

    Redacción Barbanza