Investigan a morte dun home cuxo corpo aparecía a carón do peirao de Escarabote

BOIRO> A Garda Civil abriu unha investigación co fin de esclarecer as posibles causas da morte dun home, de 43 anos, cuxo corpo aparecía onte domingo, ó redor das catro, nunha zona rochosa a carón do porto de Escarabote.

O home, con iniciais V.R.S., residía, ó parecer, no lugar da Ribeiriña, no concello da Pobra do Caramiñal, moi próximo a onde aparecía o cadáver.

Descoñécese polo de agora se o home faleceu na zona na que aparecía o corpo ou se polo contrario  foi arrastrado polo mar ata alí.

Ata o lugar desprazáronse efectivos do parque de bombeiros de Boiro, Garda Civil e Policía Local, así como tamén membro de Protección Civil e persoal do 061 que só puideron confirmar o seu falecemento.

Moi preto de alí, o pasado mes de agosto, falecía tamén outro home. Aínda que nesta ocasión debido a unha infortunada caída nas rochas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí