MUROS> O concello de Muros e a agrupación Castelo Rock asinaron un convenio para mellorar a organización do festival de música que se celebra en agosto na localidade muradá. Ademais dos medios loxísticos para o desenvolvemento do evento, a administración achegará unha axuda económica. O Castelo Rock atrae cada ano a Muros a centos de visitantes chamados pola calidade dos grupos que integran o cartel deste festival. A organización traballa xa na próxima edición, que se celebrará en agosto co obxectivo de conformar un cartel cada vez mellor, a pesar dos recortes que afectan á cultura. Para seguir contribuíndo a un dos eventos máis multitudinarios da vila, o concello asinou un convenio mediante o que se porán a disposición da organización diversos medios e persoal municipal que colaborarán no desenvolvemento das actividades. A administración municipal destinará tamén unha achega económica para a organización do festival.
Inicio Barbanza - Muros - Noia








