Preocupación entre os veciños pola vaga de roubos do último mes

    ROUBOS_CASAS_VILANOVAcopy.jpgVILANOVA> Os feitos ocorreron en A Cerca, As Sinas e en András. Os veciños temen que sexa unha banda organizada.

    {flowplayer}images/salnes/VAGA_ROUBOS_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    ‘Os ladróns aproveitan os momentos nos que os propietarios destas vivendas non se atopan no seu interior para acceder ó inmoble e levarse consigo as súas pertenzas’. Así o relataba unha veciña de András como transcorren os feitos. 

    Entre os obxectos de valor dos que se apropian atópanse, en tódolos casos, xoias e diñeiro. Os roubos xa os denunciaron ante a Garda Civil que está a investigalo caso para desvelar se se trata dun grupo organizado.

    Este argumento é o que prima entre os veciños e as vítimas xa que sinalaron, foras das cámaras, que a acción estaba moi ben planificada. E é que a maioría deles non quixeron facer declaracións ó respecto por temor a que se repitan os feitos nas próximas semanas.

    Por iso, reclaman maior presenza policial na zona. Consideran que esta é escasa o que aporta tranquilidade ós ladróns para continuar coas súas accións. Polo momento, non se rexistraron detidos.

    Redacción Salnés