Vilanova reforza a aposta pola agricultura ecolóxica cun obradoiro de emprego

    VILANOVA> Este programa chega dende a administración provincial, pero Xunta e concellos tamén están a desenvolver obradoiros de emprego. É o caso dos que se inauguraron esta mañá en Vilanova. Dezanove alumnos beneficiaranse destes programas, dirixidos a formalos en Agricultura Ecolóxica e Turismo.

     

    O Pazo de Vista Real será o escenario dos novos obradoiros de emprego que a Xunta concede a Vilanova. Durante seis meses, 19 alumnos formaranse en Agricultura Ecolóxica e Turismo. Un tempo durante o que, ademais, cobrarán o salario mínimo interprofesional.

    Formarse mirando cara o mercado laboral é o obxectivo destes obradoiros. Para o concello de Vilanova ten especial interese o de agricultura ecolóxica, un eido cara o que aposta o equipo de goberno.

    O obradoiro de Vilanova é un dos cinco que se están a realizar na comarca de O Salnés. Vilagarcía, Cambados, O Grove e a Mancomunidade son outras das administracións que se están a beneficiar destes programas que se impulsa e financia a Xunta de Galicia.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/02/obradoiro_emprego_vilanova.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/02/obradoiro_emprego_vilanova.mp4{/flowplayer}