Telmo Martín denuncia o cambio de saída da ponte da Condesa

    fototelmocopia.jpg SALCEDO> O candidato á alcaldía de Pontevedra, Telmo Martín visitou esta mañá as obras. Os veciños queixanse de que o trazado inicial foi modificado.

    {flowplayer}images/salnes/QueixasAvePontevedra.flv{/flowplayer}

    As obras da ponte do Ave que se fixeron en Cabanas, na parroquia de Salcedo están a causar numerosos problemas a tódolos veciños da zona. Nun principio segundo o trazado que constaba no proxecto inicial a saída da ponte da Condesa sería por este camiño, que conecta coa N-550.

    Os veciños denuncian que de un día para outro ADIF cambiou ese trazado e asfaltou o camiño contiguo coa intención de darlle saída a ponte por outro lugar. Para eles esta nova saída sería máis perigosa e menos práctica.

    O voceiro do grupo popular achegouse esta mañá ata o lugar para coñecer a situación. 

    Telmo Martín quixo deixar claro que dende o Partido Popular non entenden por que se está a permitir que ADIF faga estes cambios e quixo pedirlle ó alcalde que tome medidas dunha vez por todas.

    A asociación de veciños tratará tamén de conseguir o apoio do grupo socialista e vai a tratar de reunirse co alcalde de Pontevedra, Fernández Lores para intentar conseguir unha solución.

    Redacción Salnés