CAMBADOS> Cambados presenta o libro biográfico sobre Ramón Cabanillas. A obra é unha homenaxe ao autor cambadés e a todos aqueles escritores que traballaron na recompilación das súas memorias. O concello imprimiu dous mil exemplares para agasallar aos profesores e mestres dos institutos da vila. Tamén estará dispoñible para o público cando se inaugure o museo de Cabanillas.
Cambados nunca se esquece do seu escritor máis grande. O concello ultima os detalles da creación do museo Ramón Cabanillas. Pero antes da súa inauguración, o goberno local en colaboración coa deputación de Pontevedra presenta o libro biográfico sobre o autor cambadés.
A obra é unha homenaxe ao autor cambadés pero tamén a todos aqueles escritores que traballaron na recompilación das súas memorias.
A obra tamén lembra á nai de Cabanillas, e dedícalle a súa homenaxe.
O concello imprimiu polo de agora 2 mil exemplares que repartirá entre os institutos do centro e o museo do autor cambadés.
O público xeral que queira obter o libro de Cabanillas deberá agardar á inauguración do museo. Unha vez aberto, o concello indicará os puntos onde poder conseguir a obra.