O PP ratifica en pleno a aprobación definitiva dos SU 22 e 18

    catalinaenpleno100_070507.jpgSANXENXO > O PP sacou adiante en solitario a aprobación definitiva dos SU 22 en Major, e o 18 en Montalvo …

    … Deste xeito, máis de 45 mil metros cadrados incorpóranse ó patrimonio público. A alcaldesa, Catalina González, criticou os intentos da oposición de frear o desenvolvemento do concello.

    O Pleno ratificou, só cos votos a favor do PP, a aprobación definitiva do Solo Urbanizable 22 situado en Major, na parroquia de Noalla. O Concello farase con máis de 24 mil metros cadrados de cesións en vías, aparcamentos e espazos libres nunha das zonas máis turísticas do municipio. O goberno local adopta esta posición tralo silencio administrativo da Xunta, pese á advertencia da oposición de que non cumpre a lei e podería ser anulable.

    O PP tamén sacou adiante en solitario a aprobación definitiva do Solo Urbanizable 18 en Montalvo, que suporá a incorporación ó patrimonio público de máis de 14 mil metros cadrados de monte. A alcaldesa afirmou que mentres a lei o permita van preservar os intereses do concello e non cederán á presión de paralización por parte da oposición.

    Redacción Salnés