Moraña completará en catro meses o seu saneamento integral

    MORAÑA> O saneamento case integral do Concello de Moraña vai camiño de converterse nunha realidade. O último esforzo parte da Deputación…

    {flowplayer}images/salnes/plan_investimentos_morana.flv{/flowplayer}

    … Provincial de Pontevedra, que achega uns 271.000 para completar as obras de recollida de augas fecais nos lugares de Casiñas, Pontellas, Corigatos, Batán e Tramosríos. Para aqueles lugares puntuais onde non chegue esta rede, o Concello dispón dun servicio de camión cisterna de recollida de residuos de balde para os veciños.

     Esta inversión do ente provincial forma parte dun plan máis amplo que afectará a un bo número de concellos da Pontevedra rural.

    Trala visita a estas obras, representantes da Deputación e do propio concello morañés mantiveron unha xuntanza de traballo para acordar os últimos detalles da implantación da rede de banda ampla de internet provincial; intentando solventar as zonas de sombra existentes arestora nas parroquias de Amil e San Lorenzo.

    Redacción Salnés