Un lobo mata dúas ovellas a cen metros dunha vivenda

ataquelobolousame.jpgLOUSAME> Os veciños Meixonfrío viven asustados porque temen que o animal poída chegar a atacar os cativos da aldea.

María Teresa garda na corte as tres ovellas que lle quedan, logo de que  un lobo atacase a un carneiro da súa propiedade. A media mañá, o seu home, que sacaba as ovellas ó campo decatouse de que unha delas xa non estaba. De seguido, deu a voz de alarma e acudiron canda el a súa muller e a súa filla que mesmo chegou a ver ó animal.

{flowplayer}barbanza/ataquelobo.flv{/flowplayer}

O carneiro fora degolado e agonizaba na beira do río, a escasos metros da vivenda familiar. Tras o ataque, a propietaria deu aviso a Consellería de Medio Ambiente que se achegaron ata o lugar para confirmar se se trataba dun lobo ou dun can salvaxe.

Ataques reiterados

Técnicos de Medio Rural inspeccionaron tamén a zona e deron aviso de que se procedese a retirar o cadáver do carneiro. Non é a primeira vez o rabaño de Teresa sofren un ataque destas características. A pasada semana tamén perderon outra ovella. Piden a Medio Ambiente que organice unha batida para afastar o animal da aldea porque temen que acabe atacan os cativos, que están indefensos fronte un animal destas características. 

Ademáis do perigo que supón ter tan preto das viviendas unha besta similar, os reiterados ataques xa lle supuxeron a Teresa perdas económicas que superan os trescentos euros.

Redacción Barbanza