‘A propia consellería do Mar desaconsella as comportas no Saco’

    bieito_lobeira copia.jpg CAMBADOS> O parlamentario do BNG Bieito Lobeira asegura que a Dirección Xeral de Recursos Mariños pide ‘cautela’ por ser unha zona marisqueira.

    {flowplayer}images/salnes/BIEITO_LOBEIRA_SACO_FEFINANS.flv{/flowplayer}

    Despois de chegar a ameazar á consellería do Mar con pecharse nas súas instalacións se non lle facilitaban información sobre o proxecto das comportas do Saco de Fefiñáns, o nacionalista Bieito Lobeira recibiu a documentación o pasado mes de xaneiro. Trala súa lectura, chega a dúas conclusións: ocultouse información ós afectados e ignorouse en todo o proceso ó colectivo das maricadoras que traballan na zona do Saco de Fefiñáns.

    Ocultación porque asegura que en ningún momento se consultou coas mariscadoras, tal e como lles asegurara o director xeral de recursos mariños da consellería do mar nun debate parlamentario celebrado en marzo do 2010. E engano porque aseguran no BNG que nada se di no documento sobre a creación dun espazo para deportes náuticos.

    Pero van máis aló. Lobeira asegura qeu o proxecto non contaría nin sequera co visto bo da propia consellería do Mar.

    Os naciolistas sosteñen que se trata dun proxecto imposto desde o PP de Cambados sen ter en conta a posible perda duns 200 postos de traballo directos, os das mariscadoras de a pe que traballan na zona. Colectivo que xa manifestou o seu descontento. O BNG planea pedir este mes novas explicacións sobre o proxecto na comisión de pesca do parlamento galego.

    Redacción Salnés