BOIRO> A concellería de Turismo organiza un mercado castrexo para esta vindeira fin de semana, os días 12, 13 e 14. A actividade desenvolverase na rúa peonil, onde se instalarán postos de animación, artesanía e alimentación.
Ademais, instalarase un campamento castrexo, haberá xogos tradicionais e realizaranse tamén vodas celtas, sen esquecer tampouco a animación musical. Ademais de ser un elemento de atracción turística, o que se busca e dinamizar economicamente á vila.
O mercado estará aberto o venres pola tarde, en horario de 6 a 12 da noite; mentres que o sábado e o domingo abrirá pola mañá de 11 a 3 e pola tarde de 6 a 12.