Pontevedra> O Teatro Principal acollerá a vindeira semana, do 3 ao 8 de setembro, a Mostra de Cinema Eurorárabe Amal en Ruta. Unha cita que contará con seis longametraxes, tres de ficción e tres documentais. Todas as sesións comezarán ás nove da noite e a entrada será de balde ata completar o aforo.
Amal en Ruta aterrará a vindeira semana na cidade de Pontevedra, do 3 ao 8 de setembro. Trátase dunha cita que achegará á cidade unha escolma do Festival Euroárabe Amal, concretamente 6 longametraxes, tres de ficción e 3 documentais. Unha cita que neste ano chega baixo o lema e ti por que loitas?15 anos facendo do cine a nosa forma de cambiar o mundo.
Dende o concello animan a todo o mundo a participar neste Amal en Ruta pero especialmente aos mozos e mozas da cidade.
As seis proxeccións comezarán ás 21:00 no Teatro Principal e a entrada será de balde ata completar o aforo.