A gasolina de uso na pesca contará cunha subvención

    O SALNÉS> Os tres grupos parlamentarios galegos veñen de acordar por unanimidade procurar unha subvención para a gasolina

    {flowplayer}images/salnes/conselleria_mar.flv{/flowplayer}

    … daquelas embarcacións que se dediquen á pesca profesional. Esta medida afectaría a centos de pescadores de baixura e mariscadores de a flote que faenan ó longo de toda a costa galega. Este acordo conxunto prodúcese ademais nun dos peores momentos para este sector, que padece desde fai anos un claro estancamento dos prezos de primeira venda dos seus productos, namentres o custe dos combustibles se dispara. Esta medida era longamente agardada polos mariñeiros das Rías Baixas, que conseguirán deste xeito unha certa equiparación cas embarcacións que consumen gasóleo. Aínda así, a medida non vai a ser doada de aplicar técnicamente, principalmente naqueles portos nos que sexan poucas as pequenas embarcacións que traballen a gasolina. Por outra banda, a Consellería do Mar tamén presentou hoxe o seu novo decreto de artes e aparellos; tal e como se publicará no DOG nos vindeiros días.

    Os pescadores contarán cun prazo de seis meses de adaptación á mesma a partires da súa entrada en vigor. Entre outras novidades, este decreto, que deroga a anterior lei do 2009, regula artes non contempladas ate o de agora, como a nasa para a centola, ou artes de enmalle como as volantillas, os volantíns, a raeira e a rañica ou a gancha de pé xa son de uso totalmente legal. A maiores incorpóranse de novo a forquilla, que levaba xa tempo prohibida, logo de constatar con varios estudios a súa viabilidade; e unifícanse as nasas da nécora e do camarón. Neste documento tamén se establece unha nova clasificación de embarcacións en sete grupos distintos segundo o seu arqueo.

    Ademais permite traballar en tempo cualificado como de descanso en situacións especiais; compensándoo con xornadas de descanso en días laborables; ou mesmo manter as artes caladas no mar cando as condicións meteorolóxicas sexan moi adversas. Asemade, posibilita establecer cotas máximas de captura e a regulación de capturas incidentais cando o recurso o necesite, co que se poderán ir adaptando as normas a cantidade de recursos existente segundo a tempada.

    Redacción Salnés