Poio promove un proxecto de compostaxe de algas

    POIO> O Concello de Poio está a promover un proxecto piloto de compostaxe de algas. A idea, importada de Xapón, consiste recoller algas e sometelas…

    {flowplayer}images/salnes/proxecto_compostaxe_algas_poio.flv{/flowplayer}

    … a un proceso químico ata convertelas en compós; un abono cheo de nutrintes que non deixa cheiro nin lixo algún, e que serve para enriquecer calquera tipo de planta ou terreo.

    O xeito de realizar esta compostaxe con microorganismos é moi semellante ó compós caseiro que xa se fai en moitos dos Concellos de Poio cos residuos orgánicos.

    O seu tempo de repouso varia segundo o xeito de elaboralo. O prezo do compós resultante sería duns 20 euros o metro cúbico; posto que as labores de limpeza e recollida de argazo das praias xa é un custe que asumen de por si as confrarías e os propios Concellos. Agora é momento de analizar o compós resultante e analizar a súa viabilidade para desenvolvelo a gran escala.

    Redacción Salnés