Retiran, en menos de 4 horas, as sinais de Vilanova do ramal

    sinal_vilanova_copia100.jpgVILAGARCÍA> Trátase dos carteis que esta mañá colocou Gonzalo Durán  ó longo do ramal do Porto de Vilagarcía.  O alcalde vilanovés púxose en contacto co deputado Pérez Arca para que esixa responsabilidades.

    {flowplayer}images/salnes/RETIRADA_SINAIS_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    Sorprendido e molesto. Así se sinte o alcalde de Vilanova, despois de que se enterase de que en menos de catro horas, se procedera á retirada dos carteis que colocou ás 10 da mañá. Gonzalo Durán insiste en que era unha sinalización provisional durante o verán e mentres Fomento realizaba un estudo para a colocación dos mesmos.

    Durán volveu denunciar que desta forma se vai perxudicar ó turismo e por ende, o comercio da localidade. Sinalou que os comerciantes teñen o servizo xurídico do concello á súa disposición para reclamar danos.

    O rexedor afirma que a alguén lle debe de molestar que haxa carteis de Vilanova no Ramal, e volve insistir que son provisionais. Asegura que se puxo en contacto co deputado comarcal Jesús Pérez Arca para que pida explicacións ó Ministro de Fomento.

    Das case unha vintena colocadas esta mañá no percorrido do ramal do Porto de Vilagarcía, tan só queda a situada en Renza.

    Redacción Salnés