![]()
CAMBADOS> Alí anunciou que ambas cooperativas recibirán axudas económicas para a mellora das súas explotacións.
{flowplayer}images/salnes/VISITA_LOUZAN_COOPERATIVAS_AGRICOLAS.flv{/flowplayer}
A primeira visita foi ás instalacións da Cooperativa Hortumia, no concello de Cambados. Tralo encontro cos socios, o Presidente da Deputación de Pontevedra anunciou que colaborarán nun convenio xunto ó concello e a Xunta. Esta axuda, destinada á mellora da cuberta da nave, conta cunha inversión de 30.000 euros.
A segunda visita foi a Horsal e ás instalacións baixo cuberta, de explotación propia, que teñen situadas en Sisán. Nesta cooperativa a axuda irá destinada a reparalos danos causados polas últimas riadas. Deste xeito, procederán de inmediato á drenaxe da finca. Ademais, contarán cun bolseiro enxeñeiro agrícola.
Neste senso, o presidente da Coopertiva mostrou o seu agradecemento. E é que tal e coma explicou Rafael Louzán trátase de apoiar un sector que nestes momentos está dando traballo a moitos veciños da comarca que se atopan en situación de desemprego.
Ademais, Louzán sinalou que van entregar unha partida de axudas destinada, entre outras cousas, á substitución dos plásticos nas explotación agrícolas da provincia ou cambio dos regos.
Redacción Salnés







