Veciños de Carril denuncian o estado dun vial propiedade do concello

    urbanizacion_carrilcopy.jpgVILAGARCÍA> Ratas, insectos, automóbiles abandonados e incluso inundacións son algúns dos problemas que teñen.

    {flowplayer}images/salnes/QUEIXAS_URBANIZACION_CARRIL.flv{/flowplayer}

    Os veciños da urbanización “Mar de Compostela”, en Carril, levan tempo vivindo ó lado dun solar completamente abandonado. A pesares de ser de titularidade municipal segundo os veciños, os terreos empréganse como escombreira, que se ten convertido nun foco de infección.

    Un conflito sobre a titularidade dos terreos que un veciño de Carril reclamou como seus, paralizou unhas obras de urbanización da zona. Hai uns meses, a sentenza adxudicou a propiedade ó concello, que deixou o solar nun estado que os veciños califican de lamentable.

    Ratas, insectos, automóbiles abandonados e incluso inundacións, son algúns dos problemas que os habitantes da zona achacan ó estado do solar, que a promotora presentou nos seus plans como un vial de saída das vivendas.

    Pola súa banda, o concello de Vilagarcía é consciente do problema que afecta ós veciños da zona, e asegura que están a estudar as medidas a tomar.

    Para os habitantes da urbanización non hai motivos que xustifiquen esta lentitude das xestións. Segundo eles, o goberno municipal xa conta co aval da promotora das vivendas para construír a obra do vial, polo que piden unha solución inmediata.

    Redacción Salnés