SEDA pechou tras recibir a máis de 11.000 persoas en 4 días

    salonseda_100_030406.jpgVILAGARCÍA > SEDA pechou as súas portas tras ter sido un éxito en convocatoria e como broche de ouro a catro días de sexo e erotismo: un cásting que fixo elevar a temperatura do recinto feiral. Os vinte euros que custaba a entrada non foi impedimento para as máis de 11 mil persoas que entre o xoves e mailo domingo acudiron ó Salón Erótico do Atlántico que se celebrou en Vilagarcía.

    salonseda5_200_030406.jpgDende proxección de filmes ata concertos pasando, cómo non, polos stripteases e os espectáculos porno. Dende o pasado xoves Vilagarcía converteuse na capital do erotismo no que fixeron acto de presenza destacadas figuras e estrelas do cine erótico e porno do país e coas que se puideron fotografar os visitantes. salonseda3_200_030406.jpg

    A afluencia de público obrigou a ampliar o horario de peche e mailo número de espectáculos o venres e mailo sábado. Sobre gustos non hai nada escrito e os espectáculos deixaron moitas bocas abertas e rexistraron un sen fin de fotografías.

    Entre os que máis audiencia rexistraron estaban os cástings, abertos a homes e mulleres pero que só contaron con voluntarios masculinos.

    salonseda2_200_030406.jpgEste que ven foi o último, o do domingo. Dous candidatos competindo por unha porno star. Tras facer o striptease de rigor, malabares para manterse a ton e ser sometidos á implacable medida dos atributos…

     o premio para este nada pudoroso concursante foi o que ven:

    salonseda6_200_030406.jpg

    Redacción Salnés