![]()
VILAGARCÍA> Segundo o presidente Miguel Falcón "pretende ser unha ferramenta de moita utilidade para os empresarios da comarca".
{flowplayer}images/salnes/PtacWebCamara_060712.flv{/flowplayer}
Renovarse ou morrer. Así o entende a Cámara de Comercio de Vilagarcía que esta mañá presentou a súa páxina web así como varias novedades en canto ás actividades e servicios que ofrece.
Os cambios máis sustanciais con respecto á anterior páxina son no deseño e na accesibilidade á información. O obxectivo á hora de desenvolvela foi facilitar ó usuario atopar aqueles contenidos que busca e facer a navegación o máis rápida e sinxela posible.
De cara a este segundo semestre de 2012 a Cámara de Comercio ofertará ós seus asociados, e tamén ós que non o son, cursos de formación, tanto presenciais como online. De destacar, o Destino Alemania, un curso intensivo en alemán que se desenvolverá en dúas partes: unha en Vilagarcía e outra no cunha visita ó país xermano, á cidade de Bremen. Ademais, a partir de agora Cámara de Comercio vilagarcián porá a disposiciós dos seus asociados un boletín sobre medioambiente, de publicación mensual.
A dirección da web continúa a ser www.camaravilagarcia.com. Tamén hoxe púxose a andar a páxina da Cámara de Comercio en facebook e proximamente vaino facer en twitter.
Redacción Salnés







