IC Boiro demanda a apertura do aparcadoiro da Boqueira de Anegral

BOIRO> ICBoiro demanda a apertura do aparcadoiro da Boqueira de Anegral. Consideran que as máis de oitenta prazas con que conta a instalación darían solución ós problemas de aparcamento no casco urbano. Hai máis de oito anos que se procedeu á construción deste aparcadoiro sen que ata o momento se destinara a tal uso. Dende ICBoiro instan ó concello á súa apertura para acabar cos problemas de estacionamento no casco urbano. Pola súa banda, dende o executivo alegan as múltiples deficiencias de construción das instalacións. Ademais das filtracións de auga e problemas estruturais, aluden á escasa altura da entrada que impide o acceso dunha grúa. Razóns que non convencen á formación independente.