Boiro Novo propón medidas de apoio ó comercio local

    BOIRO> Boiro Novo propón unha serie de medidas para dinamizar o comercio local e apoiar ós autónomos. Ademais de campañas de concienciación para animar a mercar nos establecementos da vila, apostan pola mellora das rúas comerciais e a creación de prazas de aparcamento. A revitalización do comercio de proximidade é unha das teimas de Boiro Novo que contempla, no seu programa, unha serie de medidas encamiñadas a favorecer o comercio local. Propoñen tamén a mellora da contorna dos establecementos cunha limpeza máis eficiente das rúas comerciais, instalación de alumeado e creación de prazas de aparcamento. Para conseguir estes obxectivos, consideran fundamental promover o asociacionismo e afianzar a colaboración cos pequenos empresarios do municipio, dous puntos nos que cren que o goberno do PP non ten feito o suficiente.