![]()
VILAGARCÍA> Segundo a Garda Civil, o sinistro puido producirse pola invasión do carril contrario por parte dun dos turismos.
{flowplayer}images/salnes/ACCIDENTE_VILAXOAN.flv{/flowplayer}
Ó accidente produciuse ó redor das once da mañá no acceso á vía rápida entre o Hospital do Salnés e a saída de Vilaxoán.
No sinistro víronse implicados dous vehículos que quedaron totalmente destrozados despois dunha colisión fronto lateral.
Segundo fontes da investigación o Nissan Patrol circulaba en dirección a Cambados e o BMW cor gris cara Vilagarcía. Este foi o momento no que segundo as primeiras hipóteses da Garda Civil, se produciu a invasión do carril contrario.
Coma consecuencia da colisión ambas ocupantes do BMW, nai e filla veciñas de Caleiro, en Vilanova, faleceron ó instante. No caso do Patrol, a copiloto falece minutos despois do accidente e a condutora, a súa irmá, foi trasladada nun principio ó Hospital do Salnés. Nestes momentos atópase en estado grave na UCI de Montecelo. Neste caso, ambas eran veciñas de A Illa.
Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, Protección Civil, Bombeiros, o 061 e o 112 que mesmo despregou o seu Helicóptero que finalmente non foi empregado.
Despois de trinta e seis días sen accidentes falecidos nas estradas da provincia, en tres sinistros, rexistráronse 6 vítimas mortais.
Redacción Salnés






