O PP apoia a denuncia dos veciños de Solobeira ante a pasividade da Xunta

    solobeira100_270208_still_002.jpgVILAGARCÍA > As denuncias de varios habitantes da parroquia arousá de Solobeira alertaron ó PP de Vilagarcía que quixo comprobar con eles as deficiencias

    ...que presentan as obras levadas a cabo pola Xunta de Galicia ó seu paso pola zona.Os veciños reivindican unha mellor xestión das obras que satisfagan as súas necesidades. Mentres o PP sementa a dúbida de que si realmente se vaia a executar o proxecto sen prexudicar a ninguén.

    Dositeo denuncia a falta de compromiso e transparencia da Xunta de Galicia con respecto ás obras que se están a executar arestora no tramo que pasa por Solobeira, moi preto das casas dos veciños. O obxectivo inicial deste proxecto era habilitar canalizar as augas pluviais e acondicionar as marxes exteriores da estrada con beirarrúas xa que o tramo entraña peligrosidade

    Un malgasto de caudal público segundo afirma este veciño, xa que con esta é a terceira vez que levantan as obras sen explicar dos problemas reais da execución das obras. Pero sobre todo e máis preocupante para os veciños e saber se finalmente van a construír as beirarrúas, xa que tan e como están deseñados os trazados das obras, os viandantes non terían sitio para pasar Para o PP esta tan só é unha promesa incumprida máis do goberno autonómico e critica ó executivo local por non solucionar a problemática dos veciños de Solobeira que viven preocupados por cómo vai continuar a situación.

    Para Fole o PSOE tanto local como autonómico xera desconfianza e dúbida O voceiro popular incluirá na súa lista de preguntas esta problemática dos veciños de Solobeira no pleno da corporación que se celebrará mañá.

    Redacción Salnés