SALNES> O temporal Beatrice deixa numerosos danos en toda a comarca do Salnés e arredores. Case todos os concellos sufriron as consecuencias dos altos refachos do vento que superaron os 100 quilómetros por hora. O resultado foron árbores, poste da luz ou farois derrubados, aínda que por sorte non houbo que lamentar danos persoais.
As imaxes que están a ver con árbores caídos, farois derrubados ou postes da luz derrubados repetíronse en todos os concellos do Salnés ao longo do domingo á maña. Os danos foron provocados polo temporal Beatrice que se deixou notar non só na comarca se non en toda a comunidade.
Segundo informan os equipos de emerxencias, rexistráronse en Galicia máis de 300 incidencias. No Salnés as zonas máis afectadas foron Sanxenxo coa caída de catro árbores, postes da luz e inundacións na zona de Portonovo, O Grove con numerosas inundacións, Vilanova coa caída de 3 árbores na contorna do Xardín Umbrío e do colexio Julio Camba e Vilagarcía, coa caída de varios árbores, postes da luz e farois.
En Vilagarcía rexistráronse máis de 30 incidencias, sendo a máis perigosa a caída dun poste enriba dun vehículo aparcado en Carril.
Dende os servizos de emerxencia sinalan que o temporal non foi máis forte que noutras ocasións, pero que a gran cantidade de danos provocados, puido ser debido aos refachos de vento que superaron os 100 quilómetros por hora na mañá do domingo. Dende a tarde do domingo, os equipos municipais xa comezaron a recoller e arranxar os danos nos diferentes concellos.