Unha ducia de detidos nunha nova operación antidroga con epicentro no Salnés

O SALNÉS> Nova operación antidroga con epicentro na comarca do Salnés. Hai polo de agora máis dunha ducia de persoas detidas nun operativo contra o tráfico de heronía que, ademais, tería ramificacións na provincia da Coruña e Portugal.

A operación foi bautizada como Ceira. Nela participan a Garda Civil, A policía Nacional e Vixilancia Aduaneira. Estase a desenvolver dende primeira hora deste mércores, con rexistros en varios puntos da comarca, como A Illa ou Vilanova. Neles teríanse incautado máis de 20 quilos de heroína.

Todo apunta a que este operativo podería estar relacionado cun grupo vinculado coa compra de planadoras para a entrada de droga en Galicia a través das nosas costas.

A operación está baixo segredo de sumario. Está sendo dirixida polos xulgados de Cambados. Esta mañá, o subdelegado do Goberno en Galicia apuntaba que tódolas detencións tiveron lugar no Salnés. Abel Losada aproveitaba para felicitar aos corpos implicados pola súa coordinación neste novo dispositivo.