Ravella intenta sacar o regato do garaxe ca axuda da Xunta

    VILAGARCIA> Os veciños que teñen un regato no interior dos seus garaxes preto do entorno do río do Con, en Vilagarcía, están en todo o seu dereito…

    {flowplayer}images/salnes/castro_raton_augas_galicia_.flv{/flowplayer}

     … de protestar e mesmo de defenderse xuridicamente desta situación kafkiana, que non acaba de atopar a súa solución definitiva. O tenente de alcalde vilagarcián e arestora alcalde en función, Xosé Castro Ratón reuniuse onte con estes veciños para recoñecer a gran parte de culpa que ten o consistorio neste problema por ter dado a correspondente licencia de obra.

    Unha vez recoñecido o erro, Castro Ratón ven de tender a man ós veciños e a Augas de Galicia para buscar unha solución consensuada ó problema. Para Castro Ratón a culpa non só é do Concello senón tamén de Augas de Galicia tamén tiña que haber intervido a priori.

    E para atallar dunha vez por todas o problema, o tenente de Alcalde ven de solicitar unha reunión urxente ca Consellería de Medio Ambiente; para perfilar esa solución que apuntan desde Augas de Galicia, de canalizar o regato polo espacio soterrado entre as rúas ata derivar a auga no propio río do Con.

    Redacción Salnés