UUAA logra os apoios para convocar o pleno extraordinario do CRDORB

    uuaa_riasbaixas copia.jpg PONTEVEDRA> O sindicato conseguiu o respaldo de 11 vocais para que o Consello Regulador debata sobre os expedientes sancionadores abertos a viticultores da DO.

    {flowplayer}images/salnes/UXT_PLENO_CRDORB.flv{/flowplayer}

    Un cambio nas normas que rexen a compra-venda da uva entre produtores e adegueiros, será o punto principal que Unións Agrarias levará ó pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas. Segundo o sindicato, debe ser a adega a que estableza a calidade mínima da uva, polo que os avisos de sancións anunciadas pola Consellería de Medio Rural ‘carecen de sentido’.

    No pleno extraordinario, o sindicato solicitará que non se apliquen estas posibles sancións que afectan ás vendimas de 2009 e 2010. Ademais pedirán unha actualización dos censos de produtores e parcelas, así como tamén que o Consello Regulador se dote de mecanismos para evitar que esta situación se repita.

    Por iso, dende Unións Agrarias esperan conseguir o apoio da maioría para os viticultores. ‘Temos que definir -asegura Manuel Ángel Dopazo, secretario xeral de UUAA O Salnés- quen é a patronal que apoya ó sector e viticultores, e loitaremos pola legalidade, e que o viticultor, as uvas que coide e estean legais, poida levalas ás súas bodegas. Pagar os impostos está ben, pero cando hai unha boa colleita hai que levala, e cando é mala, nos fastidiamos’.

    Unións Agrarias tamén anunciou que pedirá á Consellería do Medio Rural a convocatoria da Mesa do Viño de Galicia, co obxectivo de potenciar os contratos homologados que establecen o prezo mínimo da uva, en todas as Denominacións de Orixe Galegas.

    Redacción Salnés