A asemblea socialista ratifica por maioría o seu candidato Modesto Pose

    VILAGARCIA>O ate o de agora Deputado Parlamentario do PSdeG, Modesto Pose ven de ser ratificado en Asemblea por unha ampla maioría.

    {flowplayer}images/salnes/modesto_pose_candidato.flv{/flowplayer}

     O novo alcaldable socialista obtivo o respaldo do 80% dos afiliados. Saímos a rúa para comprobar se conta tamén co respaldo da cidadanía. De primeiras xa é un vello coñecido dos vilagarciáns grazas as súas frecuentes aparicións nos medios de comunicación.

     No tocante ó proceso electoral interno do PSdeG vilagarcián, a cidadanía non entendeu ben o fondo de todo este proceso; aínda que algúns esculpan todos as idas e vidas, por entender que forma parte do xogo político.

    Comeza agora unha dura contenda electoral, na que será o global da sociedade vilagarciá a que poida decidir quen quere que os administre nos vindeiros catro anos. Comeza a conta atrás para o 22 de maio.

    Redacción Salnés