Torres Colomer abandona a carreira electoral

    renunciatorresalcaldia.jpgRIBEIRA> O actual alcalde renuncia por motivo personais a encabezar a lista das municipais do PP.  O seu substituto será Manuel Ruíz Rivas.

    Na súa comparecencia pública, Torres Colomer estivo acompañado do presidente provincial do Partido Popular, Carlos Negreira e do que será o seu substituto na loita pola alcaldía de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas.

    {flowplayer}barbanza/renunciatorrescolomer.flv{/flowplayer}

    Punto e seguido

    Negreira valorou moi positivamente o labor desenvolvido polo actual rexedor nos vinte anos á fronte da alcaldía e recalcou, que malia que confíaban nel para revalidar o cargo, aceptan os seus motivos para non seguir adiante. Con todo, afirmou, esta renuncia é un punto e seguido na súa carreira política.

    En relación a Ruíz Rivas, o presidente provincial destacou a súa valia como político e as súas ganas de traballar por Ribeira, que dixo, leva sempre na cabeza e no corazón. Pola súa banda, Manuel Ruíz expresou o seu respeto e apoio a decisión de Torres Colomer e manifestou a gran ilusión e a gran responsabilidade que supón para el asumir a candidatura do Partido Popular á alcaldía de Ribeira.

    Asemade, Ruíz Rivas anunciou que Torres Colomer pechará a súa lista electoral, ocupando o simbólico posto vinteun, polo moito que representa para Ribeira. O actual voceiro do partido popular no Parlamento continuará a fronte da portavocía ata que o grupo parlamentario decida o contrario.

    Presións políticas

    Dende a oposición non vén a cuestión tan clara. A candidata a alcaldía polo BNG Dominga Brión asegurou que a renuncia de Torres Colomer é unha saída desesperada perante as previsión de malos resultados do partido popular nos vindeiros comicios, polo que existen claro motivos políticos detrás da súa decisión.

    Andrés Fariña, cabeza de lista do PSOE, manifestou respectar a decisión do partido popular, malia que dixo que a súa intención na loita pola alcaldia non é enfrontarse a unha persoa en particular senón a toda unha formación politica.

    Redacción Barbanza