Unha familia cesureña mobilízase o derrubo da súa vivenda

    PONTECESURES> A familia Carou Eitor está cun pé na rúa. Unha sentencia xudicial ven de ordenar o derrubo desta vivenda sita na rúa Rial, en Pontecesures, na que residen desde…

    {flowplayer}images/salnes/sinaturas_familia_pontecesures.flv{/flowplayer}

    … o 2002 este matrimonio co seu fillo pequeno. Cando comezaron a construíla pediron tódolos permisos esixibles. Co tempo, mudou o Planeamento urbanístico do Concello, e tralas consecutivas denuncias dun veciño, agora encóntrase en estado ilegal.

    Estes cesureños comezaron a vivir nesta casa no 2002, un ano despois entrou en vigor o novo PXOM que os deixaba fóra da lei. Segundo esta nova norma, teñen que conseguir unha entrada catro metros máis ampla, para o que precisan que os veciños lles vendan ese anaco de terreo. Algo que non é posible posto que todos temen a este veciño xubilado, que xa ten sido noticia noutras ocasións por denunciar a máis veciños. Agora están intentando conseguir unha mobilización social favorable.Xa recolleron máis de 1.200 sinaturas de apoio e mañá saen denunciando o caso nunha televisión a nivel nacional.

    Pola súa banda, a alcaldesa Maribel Castro asegura que este é un problema herdado da anterior lexislatura onde era alcalde Álvarez Angueira. Nesta tesitura, afirma que non lle queda outra que obedecer ó Xulgado; con todo asegura que vai a facer todo canto estea na súa man para que esta familia non se vexa na rúa; razón pola cal xa pediu unha nova moratoria á Xustiza para evitar o derrube e está a mover fíos para que este problema se solucione de xeito satisfactorio para esta familia. Así é todo, reitera, a solución sería tan sinxela como que un veciño lindeiro lle vendese catro metros de terreo na entrada do solar; para que se adaptase á actual normativa.

    Redacción Salnés