Último día dunha campaña electoral que deixa no Salnés promesas, propostas e polémicas

SALNÉS> Remata a campaña electoral dos comicios municipais que terán lugar o vindeiro domingo. Os partidos políticos teñen ata as 24 horas deste venres para facer chegar o seu partido á veciñanza. Mañá terá lugar a xornada de reflexión.

A campaña electoral pon o punto e final ás 24 horas deste venres. Os partidos políticos teñen ata ese momento para facer chegar o seu programa á veciñanza, xa que mañá é a xornada de reflexión. Un descanso tras 14 días intensos de presentacións e promesas electorais pero tamén de polémicas.

O punto con máis tensión tivo lugar na Illa, tras saír á luz que o candidato do PP, Matías González, foi condenado por agredir á súa parella no 2011. Isto provocou que a formación decidise que pase o que pase nas eleccións, Matías, non formará parte do grupo municipal. A militancia da vila mostrouse a favor do seu candidato poñendo en risco a representación do PP na illa. Ás eleccións, os populares acoden buscando un maioría absoluta que ata agora está en mans do socialistas que terá como representante nestes comicios a Luís Arosa. Tamén o BNG aspira a subir a súa representación e acadar a alcaldía da man de Manuel Suárez.

Á outro lado da ponte, en Vilanova, as polémicas xurdiron tamén dende un partido popular que busca unha nova maioría absoluta. O equipo de Durán cargou nun primeiro momento contra Renova Vilanova, formación liderada por Jose Juan Durán, o irmán do alcalde, e posteriormente contra María Jose Vales, a representante do Partido Socialista, por unha suposta denuncia que finalmente resultou ser falsa. Os socialistas de toda a comarca saíron este xoves a denunciar o acoso que Durán está realizando con Vales.

Na última semana tamén houbo malestar en Cambados. O PSdeG liderado polo actual alcalde Samuel Lago, cargou contra Sabela Fole, a representante do PP, por mandar cartas ás casa supostamente mentindo á veciñanza coas medidas do PSOE. Cambados precisamente é unha das prazas máis abertas, cun bipartito en minoría formado por PSdeG e Somos Cambados apoiados polo BNG e na oposición con PP e Cambados Pode. As cinco formacións repiten nestes comicios uníndose tamén Vox.

E a polémica final saltou en Ribadumia. Onde o actual alcalde, David Castro, agora nas filas do PP, trala maioría absoluta con Independientes por Ribadumia, denuncia un montaxe fotográfico que atenta contra a súa persoa ademais de diferentes insultos e bulos cara el en perfís falsos nas redes sociais, supostamente por un membro de Xuntos por Ribadumia. O candidato do PP busca revalidar a maioría absoluta fronte a Somos Ribadumia, PSdeG, Bng e Xuntos por Ribadumia.

No resto de concellos, a campaña transcorreu con máis tranquilidade. En Vilagarcía e o Grove, os socialistas buscan revalidar a maioría absoluta. En fronte terán a BNG, PP, esquerda unida e Podemos. Na capital do Salnés ademais preséntase Vox e na península meca Partido Galeguista. Tamén busca a maioría absoluta Marta Giráldez en Meis, tentarán evitalo PP, BNG e Vox.

Por parte do Partido Popular, a formación busca revalidar a maioría absoluta de Sanxenxo. Tras integrar a Sal, en fronte terán a PSOE, Bng e Podemos.

Máis incerta está a situación en Meaño. O actual alcalde, Carlos Viétez, preséntase coa súa nova formación Veciños de Meaños tras ser expulsado do PP. O rexidor busca a maioría absoluta contra Independientes por Meaño, PP, Psoe e BNG.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí