O concello de Vilagarcía destinará uns cen mil euros na mellora de vieiros de Cornazo e Rubiáns. Os traballos están incluídos no plan provincial de Cooperación deste ano e serán acometidos pola empresa COVSA.
Cornazo e Rubiáns serán as parroquias vilagarciás beneficiadas polas melloras que o concello levará a cabo. Unhas melloras que suporán unha inversión de máis de cen mil euros. A primeira obra consiste na pavimentación e mellora dos accesos á estrada A Veiga-Moscallo e conta cun orzamento de 55mil euros e un prazo de execución de mes e medio. Con estes traballos ampliarase a plataforma e o firme do vial que une os dous lugares.
En total pavimentaranse 3.150 metros cadrados de camiños. Esta primeira obra completarase co traslado dunha marquesiña , a preparación dunha zona axardinada con céspede e a instalación de sinalización. A segunda das obras será executada tamén no mesmo prazo: mes e medio e ascende a case 56mil euros de inversión. Neste caso a superficie sobre a que se actuará é de 1.860 metros cadrados.
Redacción Salnés