A designación de Ruíz Rivas como alcaldable agrada ós ribeireses

    ruizenquisas.jpgRIBEIRA> Os veciños respectan a decisión de Torres Colomer de renunciar a ser o cabeza de lista do PP e aproban a súa xestión de dúas décadas a fronte da alcaldía.

    Os veciños de Ribeira ven con bos ollos a Ruíz Rivas como candidato logo de que Torres Colomer, o actual alcalde, tomase a decisión de non ser o cabeza de lista do partido popular nos comicios de maio. Ruíz Rivas, que desenvolveu gran parte da súa traxectoria política en Ribeira malia estar agora no Parlamento de Galicia, é moi coñecido na cidade.

    {flowplayer}barbanza/ruizenquisas.flv{/flowplayer}

    Torres Colomer abandona a política municipal tras vinte anos como alcalde. En xeral, os ribeireses consideran que, malia que quedan cousas por facer, o balance da súa xestión é aceptable, algo que demostran as cinco maiorías absolutas continuadas.

    Con todo, Torres Colomer non ten intención de desvincularse da política municipal. Rematará o seu mandato a fronte da alcaldía de Ribeira e continúa como presidente local do Partido Popular na comarca.

    Redacción Barbanza