Renacer conmemora o seu vinte e cinco aniversario cunhas xornadas de prevención

    RIBEIRA> Ás xornadas asistiron numerosos profesionais e representantes de entidades de toda Galicia que teñen coma principal obxectivo a loita contra a droga. Con xa maioría de idade, a asociación antidroga Renacer de Ribeira, conmemorou hoxe o seu vinte e cinco aniversario. por tal motivo decidiu organizar, coa axuda do concello, unha xornada baixo o titulo “25 Anos na Prevención”, o que asistiron como ponentes diversos profesionais cunha longa traxectoria neste ámbito, asi como representantes de asociacións e equipos de prevención de drogodependencias de toda Galicia. O acto inaugural destas xornadas estivo presidido pola propia presidenta da entidade, María González, e a el asistiron tamén como representante da consellería de Sanidade, Jorge Suances, Subdirector Xeral do programa de fomento de estilos de vida saudables, así como o alcalde, Manuel Ruiz. Todos eles destacaron a importancia da prevención de cara a contribuír á consolidación dunha sociedade cada día más saudable. Despois da inauguración, as xornadas tiveron continuidade pola mañá e pola tarde, con diversas ponencias e mesas redondas nas que tomaron parte persoas de gran relevancia no campo da prevención das drogodependencias como é o caso de Jesús Morán Iglesias, Xefe de Servizo da Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas Elisardo Becoña, Catedrático da Facultade de Psicoloxía da USC ou o propio xefe da UAD de Ribeira, o doutor Xesús Cartelle, entre outros. Tamén aportaron a súa experiencia neste campo a presidenta da Asociación-Fundación Erguete de Vigo, Carmen Avendaño ou a presidenta da Asociación Antonio Noche da Coruña, Rosa Otero.