A volandeira e o choco cotizaron á alza na primeira semana do bou de vara

RIANXO> A campaña do bou de vara arrancaba esta semana en Rianxo con mellores resultados dos agardados. De momento, abonda a volandeira que vén acompañada ademais de altas cotizacións.

Aínda que nada ten que ver este inicio de campaña co do pasado ano, o certo é que o arranque do bou de vara superou as pesimistas expectativas. Os mariscadores de Rianxo constataron nesta semana a presenza de volandeira e de choco; especies que ademais alcanzaron moi boa cotización.

Aínda que de momento vanse collendo os topes, é cedo para facer balance polo que dende a confraría son cautelosos á hora de falar da evolución da campaña. Agardan que nas próximas semanas se manteñan as capturas, especialmente de cara ó Nadal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí