A familia Carou Eitor recibe unha avalancha de solidariedade

    PONTECESURES> A familia Carou Eitor recibiu esta mañá unha ampla mostra de solidariedade dos veciños, aproveitando a rodaxe dunha reportaxe…

    {flowplayer}images/salnes/rectificacion_casa_pontecesures.flv{/flowplayer}

    … sobre este caso dunha cadea de televisión nacional. Malia ser un venres laboral pola mañá, foron máis dun cento os cesureños que se achegaron ata este lugar para amosarlle o seu apoio e facer presión social para que non derruben esta vivenda. A vivenda afectada pola orde de derrubo é esta do tellado vermello que se entra diante destoutra que lles amosabamos onte. A entrada,pois, fai forma de L e esta é a fonte da discordia: segundo o PXOM actual á vivenda non é legal por carecer doutros catro metros máis de entrada neste porta, unha vez que xa retranquearon o esixido.

    Parece que ás chamadas á concienciación cidadá están a surtir efecto, e cada vez son máis os que apoian a esta familia, cando está a piques de expirar a nova prórroga pedida polo Concello para evitar o seu derrube. Lembrámoslles que esta situación se xerou a partir da denuncia dun veciño que ten amedrentado a todo o barrio, logo de anos de constantes pleitos ca veciñanza.

    Hoxe marcaron un punto e a parte e comezaron a unirse para plantar cara ó que entenden que é unha gran inxusticia. Sobre as verbas da actual alcaldesa de Pontecesures, Maribel Castro de onte neste medio, a familia amosouse escéptica porque logo de tantos anos, esperan dela algo máis que palabras.

    Redacción Salnés