O executivo outense avanza na consecución de chan industrial

OUTES> A actuación pretende dar resposta a unha demanda histórica no municipio. Foi un dos compromisos adquiridos no seu día polo novo goberno co tecido empresarial da vila.

Segundo el será un proceso longo, e en varias fases, e para o que será necesario ademais levar a cabo unha modificación do actual planeamento. Cinco son as opcións valoradas dende o Concello para poder emprazar o futuro parque empresarial: Xurisdicción, Lagoa, Canizos, Ousesende ou Valadares. As propostas fóronlle trasladadas recentemente nunha xuntanza ó propio tecido empresarial do municipio para coñecer as súas impresións.

De conseguirse sería un avance importante de cara o futuro desenvolvemento económico do municipio.