![]()
BOIRO> O candidato do PSOE á alcaldía de Boiro, Xoán Xesús Ares, escolleu a propia sede do partido para a presentación oficial da súa candidatura.
{flowplayer}barbanza/presentacioncandidaturaares.flv{/flowplayer}
Entre os asistentes atopábanse a práctica totalidade das persoas que acompañarán a Ares na candidatura socialista nas que se producía unha importante renovación. Das 19 persoas que compoñen a lista, once son mulleres. No posto dous irá Natalia Laíño, no tres Alina Fernández e no catro Jorge Campaña.
Balance
Na súa intervención Xoán Xesús Ares tamén fixo un repaso ás principais obras realizadas a través das áreas nas que tiñan responsabilidade de goberno durante estes últimos catro anos, e falou tamén, como non, daquelas outras promesas que se incluirán no seu programa de goberno.
Pola súa banda o presidente da Deputación e ademais secretario xeral dos socialistas na provincia da Coruña, Salvador Fernández Moreda, foi o encargado de arroupar ó candidato na súa presentación oficial. Así na súa intervención animouno a traballar duro nos próximos meses para converterse no novo alcalde de Boiro.
Redacción Barbanza









