NOIA> Noia dará cabida este domingo ó Trofeo de Exhibición de Patinaxe Portus Apostoli. Nesta terceira edición, a competición adquire carácter nacional coa participación dun equipo cántabro e outro catalán.
O Club Noia Patín organiza por terceiro ano consecutivo o Trofeo de Patinaxe Portus Apostoli. Será o domingo a partir das tres da tarde no pavillón Agustín Mourís.
Ademais dos equipos galegos, o torneo contará coa participación de clubs doutras comunidades.
Dende o concello animan ós veciños a achegarse a disfrutar deste torneo na modalidade de show que destaca pola súa vistosidade.
As exhibicións desenvolveranse durante toda a tarde e a entrega de premios está prevista a partir das nove da noite.