O concello pide á Xunta que remate as obras na PO-192

    estrada_bamio copia.jpgBAMIO> Estes traballos consisten no pintado dos dez pasos de peóns desta estrada que atravesa a parroquia de Bamio.

    {flowplayer}images/salnes/SINALIZACION_BAMIO.flv{/flowplayer}

    O concello de Vilagarcía ven de demandar ó goberno autonómico o pintado dos dez pasos de peóns da estrada que atravesa a parroquia de Bamio.

    Así o decidiu a xunta de goberno local debido ó perigo que supón para os veciños, explican, a inexistencia da sinalización horizontal nos puntos establecidos para o cruce de persoas, nesta vía de titularidade autonómica.

    No informe, xa redactado pola Policía Local constátase que tralas traballos realizados pola Xunta para dotar de beirrarúas á estrada PO 192, non se completou a obra. Ademais, non só supón un perigo para os viandantes, senón tamén para os condutores xa que, explican desde o concello, réstalles visibilidade, especialmente de noite.

    Coa finalidade última de mellorar a seguridade viaria, o concello xa remitiu un escrito coa petición a efectos de que se corrixa o antes posible.

    Redacción Salnés