Acompañamento e apoio a proxectos novos ou consolidados no Polo de Emprendemento de Vilanova

VILANOVA>  Acompañar un proxecto dende que nace ata que se consolide ou axudar a expandir aquel que xa está en marcha. Esta é a dobre misión do Polo de Emprendemento de Vilanova. Un servizo que leva apenas tres semanas en marcha no pazo de Vista Real. Dende aquela, case medio cento de emprendedores recorreron a este servizo gratuíto de apoio e asesoramento.

Sabela é unha das emprendedoras que recorreu ao Polo de Emprendemento de Vilanova. Ela puxo en marcha o seu negocio, relacionado co sector turístico hai nove anos. Agora quere abrir unha nova vía de negocio e para iso púxose en contacto con este servizo gratuíto que se presta no Pazo de Vista Real.

Porque á rede de Polos de emprendemento da Xunta poden recorrer emprendedores que boten a andar de cero e tamén casos como o seu.

Esta emprendedora salienta o apoio que supón para ela nestes momentos este servizo de acompañamento.

Aquí calquera persoa pode acudir para solicitar apoio ou asesoramento.

Porque o campo de acción deste Polo de Vilanova non se limita só a este municipio. Ata aquí poden acudir emprendedores das comarcas do Salnés, O Barbanza, Caldas e Pontevedra. Sabela aproveita para animar a outras persoas da zona que queiran emprender a que contacten co polo.

O de Vilanova é un dos 15 polos de emprendemento cos que conta a rede deseñada pola Xunta. No seu conxunto, dende a súa posta en funcionamento a mediados de 2022 xa prestaron asesoramento a a máis de 2.800 proxectos empresariais en diferentes fases e realizaron máis de 7.500 titorías.